Firma de convenio entre Nordés e a UDC
21 de abril de 2023
O día 17 de abril firmamos un convenio coa Universidade da Coruña (UDC) a través do cal continuamos fomentando a competitividade das empresas, defendendo os intereses comúns do tecido empresarial e directivo e promovendo as relacións do devandito ecosistema no ámbito rexional, nacional e internacional.
Julio Abalde Alonso, reitor da Univerdade da Coruña, UDC, e o presidente de Nordés Club Empresarial, Carlos López Navaza, asinaron o documento co que se formalizou esta colaboración que de seguro traerá beneficios para ambas entidades.
OBXECTO DO CONVENIO
- Promover os contactos entre ambas as entidades, tanto no exterior como no interior de Galicia, así como a nivel internacional co resto de entidades con quen teñan relación, co obxecto de favorecer o intercambio de información económica e empresarial.
- Xerar posibilidades de colaboración entre ambas as entidades.
- Facilitar a UDC o acceso a Nordés Club Empresarial á utilización das súas instalacións para a organización de eventos definidos e a participación recíproca nas actividades programadas.
- E cantas outras actividades puideren redundar no aumento e mellora de sinerxías e a consecución dos obxectivos e intereses comúns do tecido empresarial de Galicia e a súa área de influencia.
COMPROMISOS MUTUOS
- Ambas as partes difundirán o acordo subscrito con indicación das oportunidades e vantaxes xurdidas coa súa sinatura.
- Ambas as partes colaborarán activamente na difusión de información de interese dos seus ámbitos de influencia, facéndoa chegar ás outras partes polos medios que se acorden e comprometéndose a ampliala na medida en que lles sexa posible.
- Ambas as partes convidarán ao representante institucional que corresponda aos actos e eventos que organicen e ambas as entidades. divulgarán estes entre os seus membros para que valoren a posibilidade de se inscribir ou participar.
- Ambas as organizacións informarán daquelas oportunidades concretas que puidesen presentarse na súa zona de influencia, que por sectores de actividade ou materias puidesen resultar de interese para a outra.
Se precisas máis información, contacta coa nosa directora a través do correo electrónico direccion@nordesclubempresarial.gal