¿Ya tienes una cuenta?

Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta

Empresa con impacto: Inclusión que xera valor

Empresa con impacto: Inclusión que xera valor

El 8 de abril de 2026


 

 

EMPRESA CON IMPACTO: INCLUSIÓN QUE XERA VALOR

Organiza: CEGASAL

EVENTO PRESENCIAL
EXCLUSIVO PARA PERSOAS SOCIAS DE NORDÉS E CEEIS

Cegasal quere convidarte a participar nun encontro de networking dirixido a empresas e organizacións comprometidas cun modelo empresarial máis inclusivo, sostible e competitivo.

A inclusión non é só unha cuestión ética ou social: é unha estratexia intelixente que xera valor. As empresas que apostan pola diversidade e pola igualdade de oportunidades, incorporando persoas con discapacidade aos seus equipos, fortalecen a súa cultura interna, melloran os seus resultados e contribúen activamente ao desenvolvemento da sociedade.

Este espazo de encontro será unha oportunidade para:

  • Compartir experiencias e boas prácticas en inclusión laboral
  • Coñecer iniciativas reais impulsadas por empresas comprometidas coa diversidade
  • Crear sinerxías e colaboracións entre organizacións
  • Reflexionar sobre o papel da inclusión na estratexia empresarial e na sustentabilidade

Falaremos dunha inclusión que vai máis alá do cumprimento normativo: unha inclusión que forma parte da cultura corporativa, da toma de decisións e do compromiso social das organizacións, aliñada cos principios da Organización das Nacións Unidas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Contaremos coa participación de empresas que xa están a integrar a inclusión nos seus modelos de negocio, demostrando que apostar pola diversidade é apostar polo futuro.

Contaremos coa participación de empresas que xa están a integrar a inclusión nos seus modelos de negocio, demostrando que apostar pola diversidade é apostar polo futuro.

Reserva agora a túa praza

 

 

Información

El 8 de abril de 2026
Presencial
Nordés Club Empresarial © 2026.
Créditos