¿Ya tienes una cuenta?
Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta
Encontros: Eleccións Autonómicas con Diego Calvo, Presidente do Partido Popular da provincia da Coruña
ENCONTROS: ELECCIÓNS AUTONÓMICAS CON DIEGO CALVO, PRESIDENTE DO PARTIDO POPULAR DA PROVINCIA DA CORUÑA
Tres encontros en formato almorzo-coloquio, nos que terás a oportunidade de coñecer as liñas de traballo das principais agrupacións políticas de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Consulta aquí a AXENDA COMPLETA DESTES ENCONTROS.
Diego Calvo é Presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.
Diego Calvo Pouso.
Naceu en San Sadurniño (A Coruña) en 1975. Licenciado en Ciencias Económicas (especialización en Facenda Pública e Sistema Fiscal) na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal.
Traballou como axente de desenvolvemento local en Ferrol e foi administrador da empresa familiar.
Foi elixido por primeira vez deputado autonómico en febreiro de 2003, e mantivo o escano ata 2005 (VI Lexislatura) e tamén desde 2005 ata 2009 (VII Lexislatura). Nese ano foi nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña e en 2011, sendo concelleiro en Ferrol, foi elixido presidente da Deputación Provincial da Coruña, cargo que desempeñou ata 2015, momento no que regresou á Delegación da Xunta.
Tras unha nova etapa no Parlamento de Galicia como vicepresidente primeiro da Mesa e voceiro da área de Infraestruturas e Mobilidade (2016-2022), foi nomeado Vicepresidente Segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes ata 2023, ano no que pasou a ser Vicepresidente Primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.
No período comprendido entre 2009 e 2013 foi presidente do Consello de Administración de Xestur na Coruña e formou parte dos Consellos de Administración das Autoridades Portuarias de Ferrol e da Coruña.
Entre 2006 e 2009 foi vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia, de 2008 a 2016 desempeñou as funcións de secretario xeral no Partido Popular da provincia da Coruña, que preside desde 2016.
No Partido Popular nacional, foi secretario territorial entre 2018 e 2022. Actualmente é o presidente do Comité Electoral Nacional.
É candidato número un do Partido Popular ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña.
RESERVA AGORA A TÚA PRAZA