Organiza: Nordés Club Empresarial
Cando vemos o patrocinio como un investimento, en lugar de como un gasto, xa non somos patrocinadores senón partners. Coñecerás a importancia do contido, a súa execución e a comunicación destes acordos e tamén comprenderás as diferenzas e o estado actual dos niveis de investimento relacionados coa cultura e co deporte.
Daniel Sanchís
Manager, axente internacional de artistas en Europa, promotor de xiras e festivais, decidín poñer a miña experiencia ao servizo de promotores e managers para mellorar os seus investimentos. Tras traballar desenvolvendo moitos acordos en España e Reino Unido e colaborar con moitos dos grandes festivais e figuras da industria de ambos territorios, así como con moitos proxectos culturais noutras áreas (Premios Goya, por poñer un exemplo), actualmente son un dos responsables de márketing e patrocinio de festivais, headlining shows e xiras para Last Tour.