¿Ya tienes una cuenta?
Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta
O secreto do éxito de Casa Grande de Xanceda: como o sostible reinventa o márketing
O SECRETO DO ÉXITO DA CASA GRANDE DE XANCEDA: COMO O SOSTIBLE REINVENTA O MÁRKETING
XORNADA ABERTA PREVIA RESERVA
AJE Coruña convídate a participar na nova xornada sobre Responsabilidade Social Corporativa con Casa Grande Xanceda.
Nesta xornada, coñecerás os compromisos de RSC de Casa Grande Xanceda, reflexionaremos sobre a relación entre Marketing e RSC, e exploraremos as accións concretas de RSC e as campañas publicitarias que están a levar a cabo.
No ano 2023 alcanzaron o récord de 14000 visitas á granxa e concienciaron a un total de 3000 alumnos cos cos proxectos educativos.
As actividades desenvolvidas por Casa Grande de Xanceda son fundamentais para o sector agroalimentario ecolóxico galego. É un modelo de desenvolvemento económico sostible no rural, por combinar un equilibrio entre a ecoindustria e o coidado do medio ambiente e benestar animal, promover a formación e a concienciación ambiental mediante visitas guiadas, ofertar programas de educación escolar continua en toda Galicia e realizar accións solidarias a nivel estatal.