Organiza: Nordés Club Empresarial
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, abordará en Nordés os retos da Galicia do futuro.
"Estamos nun momento de grandes cambios e transformacións e Galiza ten que posicionarse e facer valer o seus intereses para non quedar atrás, tanto no ámbito político como económico"
Chorente, (Sarria), 1977. Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Consello e da Executiva nacional do BNG. Portavoz do Grupo Parlamentario desde febreiro de 2012 e portavoz nacional desde febreiro de 2016. Candidata á Presidencia da Xunta nas eleccións do 12 de xullo de 2020.