¿Ya tienes una cuenta?

Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta

Planeta On: Implanta a sustentabilidade no teu negocio

Planeta On: Implanta a sustentabilidade no teu negocio

El 29 de octubre de 2025

 


 

PLANETA ON: IMPLANTA A SUSTENTABILIDADE NO TEU NEGOCIO

Organiza: AJE Coruña

Colabora: Deputación da Coruña

EVENTO PRESENCIAL
XORNADA ABERTA E GRATUITA PREVIA RESERVA

AJE Coruña convídate a participar na xornada "Planeta On: Implanta a sustentabilidade no teu negocio" que terá lugar o mércores 29 de outubro de 2025, de 18:00 a 20:00 h.

Trátase dunha mesa redonda na que tres empresas compartirán as súas experiencias e boas prácticas en materia de sostibilidade, guiadas por un moderador que dinamizará o debate.

Durante a sesión abordaranse temas como:

  • Modelos e exemplos inspiradores de sostibilidade empresarial.
  • Retos específicos da sostibilidade en pequenas empresas.
  • Innovación sostible.
  • Recomendacións prácticas para aplicar a sostibilidade no día a día da empresa.

 

Relatores:

  • Rodrigo López Piquín, CEO de Permae.
  • Ana de Aspe Doldán, directora de A Tribu Verde.
  • Máximo Sánchez, cofundador de airCO2.
  • Moderador: Iván García Queijo, fundador de BIMA.

O obxectivo desta sesión é crear un espazo de reflexión práctica, intercambio de experiencias e aprendizaxe conxunta, que inspire ás empresas participantes a avanzar cara a modelos máis responsables e sostibles.

Ao remate da mesa redonda, celebraremos un pequeno espazo de networking.

RESERVA A TÚA PRAZA

 

Información

El 29 de octubre de 2025
Presencial
Nordés Club Empresarial
Enrique Mariñas, 32
Nordés Club Empresarial © 2026.
Créditos