Organiza: Nordés Club Empresarial
Como previa á campaña electoral, desde Nordés abrimos un espazo para que as distintas candidaturas á alcaldía da Coruña presenten as súas propostas, nun formato encontro-coloquio. Ven a coñecer o programa Francisco Jorquera, candidato do BNG.
Francisco Jorquera:
Voceiro do Grupo Municipal do BNG.Estudou Historia na USC, casado e pai dun fillo e unha filla. Ferrolano de nacemento e coruñés de adopción, cidade na que segundo él “botei raíces e sinto como miña.”
Inicia a súa militancia aos 17 anos e pertence ao BNG dende a súa fundación. Foi dirixente de ERGA e os CAF nos anos mozos e logo desenvolveu distintas responsabilidades organizativas e institucionais, defendendo con orgullo e dignidade os intereses de Galiza nas Cortes e no Parlamento Galego.
Dende 2016 ata 2019 foi Presidente da Fundación Galiza Sempre. Agora ten a honra de poder traballar en primeira liña pola que considera a súa cidade.
Gosta do mar, da lectura, do cinema e da boa música.
“Son nacionalista por convicción e necesidade, porque na Galiza ser nacionalista é unha cuestión de supervivencia como país.”