¿Ya tienes una cuenta?

Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta

Presentación da candidatura do PSOE por parte de Inés Rey

Presentación da candidatura do PSOE por parte de Inés Rey

El 12 de mayo de 2023

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO PSOE POR PARTE DE INÉS REY

Organiza: Nordés Club Empresarial

 

Como previa á campaña electoral, desde Nordés abrimos un espazo para que as distintas candidaturas á alcaldía da Coruña presenten as súas propostas, nun formato encontro-coloquio. Ven a coñecer o programa de Inés Rey, candidata do PSOE.

Inés Rey

Inés Rey naceu en A Coruña en 1982, medrou no barrio de Santa Margarida, está casada e ten dous fillos. Licenciada en Dereito pola Universidade de A Coruña (UDC), cursou con posterioridade o curso da Escola de Práctica Xurídica “Decano Iglesias Corral” do Colexio de Avogados da Coruña (ICACOR) superando a proba de acceso a avogacía. Militante das Xuventudes
Socialistas desde os 18 anos incorporouse a militancia do Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSdG-PSOE) no ano 2002.

Na súa etapa de estudante na Facultade de Dereito da UDC vinculouse ao movemento estudantil, sendo a persoa que máis votos acadou nunhas eleccións ao Claustro da UDC en toda a súa historia. Como claustral, participou na comisión redactora dos Estatutos da UDC e foi membro do Consello de Goberno da Universidade. Foi, asemade, membro da Xunta de Facultade de Dereito, así como representante nos seus Consellos de Departamento. Até tomar posesión como Concelleira e ser proclamada a primeira Alcaldesa elixida democraticamente da historia da Coruña, no Pleno constitutivo da nova Corporación celebrado o 15 de xuño de 2019, tiña dedicado toda a súa vida profesional ao exercicio da avogacía, no que empezou como pasante no ano 2006 colexiándose na ICACOR en marzo de 2007.

Como avogada desenvolveu o seu labor profesional exercendo como autónoma en distintos ámbitos do Dereito, especialmente en dereito de familia e penal, pero tamén atendendo a outras disciplinas, sendo avogada da quenda de oficio durante os últimos dez anos.

 

 

Información

El 12 de mayo de 2023
Presencial
Nordés Club Empresarial
Enrique Mariñas Romero, 32
Nordés Club Empresarial © 2026.
Créditos