Organiza: Nordés Club Empresarial
Interésache o medio ambiente? Queres saber como podemos contribuír ao aforro de enerxía tanto nas vivendas individuais como nas comunidades de propietarios? Durante esta xornada, diferentes expertos analizarán os retos de futuro e nos desvelarán os criterios para a rehabilitación das vivendas, así como as oportunidades que se ofrecen para acadar un maior grao de eficiencia enerxética.
PROGRAMA:
- Benvida e inauguración da Xornada
- Presentación das axudas á rehabilitación: María José Paniagua. Xefa do Servizo de Calidade de Edificación IGVS
- Actuacións técnicas principais de cara a planificar unha completa e eficiente Rehabilitación Enerxética de edificios:
- Alberto Vázquez (TEUVENTO PASSIVHAUS), experto en eficiencia enerxética.
- SEINGENIA expertos en normativas en industria, redacción de proxectos e asesoramento a AAFF na tramitación de axudas.
- Angel Quintans (ALUMATIC NORTE): experto en xanelas e peches exteriores.
- Rolda de preguntas (15min aprox.)