¿Ya tienes una cuenta?
Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta
Resolvendo desafíos, con Fernando Vázquez
RESOLVENDO DESAFÍOS, CON FERNANDO VÁZQUEZ
AJE Galicia, no marco do convenio subscrito coa Xunta de Galicia, organiza en colaboración con AJE Coruña o Foro "Resolvendo Desafíos con Fernando Vázquez de Imatia Innovation"
Disfruta dun almorzo no Club, onde Fernando Vázquez, CEO de Imatia, compartirá as súas experiencias e coñecementos prácticos para axudar a facer crecer as empresas.
O formato do evento combinará dúas partes principais:
- Unha mesa redonda na que tres empresas realizarán un pitch de 5 minutos, destacando as áreas nas que precisan apoio, o que lles permitirá identificar puntos de mellora no seu negocio e aprender de casos reais.
- E unha parte aberta na que os asistentes poderán expoñer os seus propios desafíos, recibindo ideas e orientacións tanto de Fernando como dos demais participantes.
Este foro práctico será unha excelente oportunidade para que expoñas os teus desafíos e aprendas da experiencia real dun líder empresarial.
Ademais, o evento contará cun almorzo, que ofrecerá unha excelente oportunidade para o networking, permitindo aos participantes conectar, compartir experiencias e establecer novas relacións profesionais.