¿Ya tienes una cuenta?
Inicia sesión para inscribirte desde tu cuenta
Xornada de Alta Dirección na Autoridade Portuaria da Coruña
XORNADA DE ALTA DIRECCIÓN NA AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA
AJE Coruña convidate a unha visita de alta dirección na Autoridade Portuaria da Coruña, un encontro especialmente deseñado para profesionais, con interese en establecer novas alianzas de negocio.
O porto exterior de Punta Langosteira no concello de Arteixo é unha instalación moderna, cuxos grandes calados e a gran dispoñibilidade de superficie terrestre constitúen as súas vantaxes competitivas para convertelo nun gran porto hub de transporte marítimo internacional ao servizo do tecido empresarial da contorna. Un porto verde para acoller proxectos de enerxías renovables e eólica mariña, que permitan xerar novas oportunidades de negocio de transición enerxética no marco do proxecto “A Coruña Green Port”.
Actualmente é o principal porto no movemento de produtos agroalimentarios do noroeste peninsular, destacando o tráfico doutros graneis como coques, cemento, Clinker, carbón e operacións loxísticas de mercadorías project cargo. Desde de marzo 2023 realízanse tamén as descargas de crudo de petróleo no pantalán de Repsol.
Así mesmo os novos desenvolvementos comerciais darán cabida a proxectos de transición enerxética e enerxías renovables no marco do proxecto "A Coruña Green Port", dando apoio á industria eólica mariña, ofrecendo unha gran dispoñibilidade de superficie terrestre para esta industria demandante de espazo para a fabricación, ensamblaxe e expedición dos compoñentes por vía marítima, que require tamén de grandes calados.
Programa:
10.30 h - Recepción y bienvenida en Autoridad Portuaria de A Coruña a cargo del Presidente, Martín Fernández Prado, en las oficinas centrales en Avda. de la Marina.
11.00 h - Presentación del puerto de A Coruña
11.30 h - Salida en autobús y visita al puerto exterior
13.00 h - Fin de la visita