O NETWORKING QUE FAI MATCH
Baixo o concepto "O networking que fai match", esta actividade nace co obxectivo de ofrecer unha experiencia diferente, máis dinámica e participativa, pensada para facilitar conexións reais entre as persoas asistentes.
Cómo funciona?
- No proceso de inscrición, cada participante deberá incluír unha breve frase sobre o seu negocio. Recoméndase que sexa suxestiva ou que xere curiosidade.
- Durante o evento, cada asistente recibirá un tarxetón con distintas frases doutros participantes.
- A partir de aí, as persoas asistentes deberán interactuar entre si para identificar a quen pertence cada frase e conseguir a súa sinatura.
A dinámica completa explicarase no propio evento.
O obxectivo será completar o tarxetón, favorecendo así un networking activo, próximo e efectivo.

