Xa está en marcha o Observatorio Galego de Simplificación Administrativa promovido por Nordés Club Empresarial

Xa está en marcha o Observatorio Galego de Simplificación Administrativa promovido por Nordés Club Empresarial

O 1 de xuño, durante o transcurso da xornada "Axilidade Administrativa. Un reto para o impulso da competitividade empresarial" que celebramos en Cesuga en colaboración coa Xunta de Galicia, anunciamos a creación do Observatorio Galego de Simplificación Administrativa.

Mediante a Declaración de A Coruña sobre Simplificación Administrativa, quedaron establecidas as bases do observatorio co fin de apoiar o desenvolvemento lexislativo e normativo sobre todo o concernente á axilización e á eficacia administrativa. ⁣

Se non puideches asistir nin de xeito presencial nin por streaming en directo, aquí tes o video completo: 

Xornada Axilidade Administrativa en You Tube

 

 

Unha vez máis transmitimos o noso agradecemento ao público que nos acompañou nesta xornada, a Venancio Salcines, por acollernos nas súas instalacións de Cesuga e tamén, especialmente, a todas as persoas que expuxeron o seu coñecemento a través das súas intervencións e relatorios comezando por Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia que inaugurou a xornada. Grazas tamén, por orden de intervención, de novo a Venancio Salcines, director xeral de Cesuga; a Jaime Rodriguez-Arana, catedrático de Dereito Administrativo da UDC; Diego Sánchez de la Cruz, director do Foro Regulación Inteligente; Gabriel Baltar Giraud de Baltar Abogados; José Vales, de Vales Esquivel y Asociados; Alfonso Salazar, presidente de Ascega - Asociación de Emprendedores de Galicia e Fernando Guldrís Iglesias, director do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).

Grazas tamén ás persoas integrantes da nosa Xunta Directiva que nos representaron nesta xornada tan importante para o tecido empresarial, a primeira de moitas que virán para seguir afondando neste tema e manter o noso compromiso de apoiar iniciativas que dean facilidades ás empresas para avanzar na reactivación económica, atraer inversión e xerar emprego: Mario Barcenilla Moreno, presidente; Ana Botas Cal, vocal; José Manuel Iglesias Vilas, vocal; Aïnhoa Mallo, directora e José Antonio Ferreira Dapía, vicepresidente.

Compartir esta noticia: