O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou nunha comida-coloquio organizada por Nordés Club Empresarial, un encontro exclusivo para persoas socias do Club

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou nunha comida-coloquio organizada por Nordés Club Empresarial, un encontro exclusivo para persoas socias do Club, no que o máximo representante do Goberno galego analizou as claves do desenvolvemento económico da Comunidade e os retos para os próximos anos.
Durante o seu discurso, Rueda destacou o papel central do empresariado na xeración de riqueza e emprego en Galicia, sinalando que as empresas "son as que moven a economía" e que a colaboración público-privada resulta esencial para o impulso dunha Galicia competitiva e innovadora. "Os empresarios son os que moven Galicia, e temos que tervos a todos como aliados», afirmou.
Na mesa presidencial, acompañaron ao presidente da Xunta de Galicia Carlos López Navaza, presidente de Nordés; Ángeles Ríos, vicepresidenta primeira do Club; así como representantes dalgunhas das empresas socias corporativas da entidade empresarial.
Durante a súa intervención e na rolda de preguntas posterior, que se levou a cabo coa participación das persoas presentes no Auditorio Nordés, todas socias do Club, Alfonso Rueda abordou temas clave como o novo modelo de financiamento autonómico, a vivenda, os autónomos e pemes, as enerxías renovables, a conexión de alta velocidade con Portugal, a integración dos aeroportos, a sanidade, o envellecemento da población, a dinamización do mercado laboral e a polémica sobre a condonación da deuda autonómica
Forma parte da misión de Nordés ser un foro de referencia para a reflexión estratéxica do tecido empresarial galego. Con esta comida-coloquio, o Club reafirma o seu compromiso de crear espazos de encontro, impulsando o diálogo e a cooperación para seguir construíndo unha Galicia próspera e sostible.
Podes ver o encontro no seguinte vídeo: