Conexións líquidas

Conexións líquidas
INFORMACIÓN:
  • Fecha: Lunes, 19 de Diciembre de 2022
  • Hora: 11:00h.
  • Presencial
  • Nordés Club Empresarial
  • Enrique Mariñas Romero, 32, 15009, A Coruña
  • El plazo de inscripción ha finalizado.

CONEXIÓNS LÍQUIDAS

Organiza: Nordés Club Empresarial

Facilita: murmuration

 

No noso axitado e convulso día a día empresarial é necesario unha nova forma de tecer redes de contacto e networking. Falamos das redes e conexións liquidas, aquelas que nos permiten iniciar relacións profesionais estables, honestas e duradeiras no tempo.   

A través da actividade "conexións líquidas” xeramos un espazo aberto de coñecemento e colaboración onde aprender a construír e tecer esas novas redes profesionais. 

Unha experiencia fóra do Club para promover nun entorno lúdico - diferente ao empresarial- a simulación de desafíos para o desenvolvemento de habilidades sociais e alianzas profesionais. 

A actividade desenvolverase a través do seguinte programa:  

  • 09.45: lugar na área de a Coruña Cidade que se desvelará uns días antes as persoas inscritas na actividade.
  • 10.00 a 12.00: desafios
  • 12.00 a 13.00: networking e degustación de produtos