
OBRADOIRO DE ORATORIA EMPRESARIAL 2024
ABERTA A PERSOAS SOCIAS PREVIA RESERVA
Preferencia a persoas socias que na edición 2023 quedaron en listaxe de espera.
As habilidades de comunicación son esenciais para emprender, desenvolver ou consolidar un negocio.
Estas “soft skills” pódense entrenar e este obradoiro de oratoria está deseñado dende a idea de que todas as persoas posúen habilidades de comunicación, pero non todas profundizan no seu desenvolvemento.
Neste sentido, achegarémonos ao estilo de comunicación de cada participante, á súa posta en valor e ás diferentes posibilidades que lle pode otorgar na súa vida profesional e persoal.
Apúntate e obtén as claves para mellorar a túa comunicación no día a día, elementos para preparar discursos e presentacións e técnicas para xestionar de forma apropiada as túas emocións.
Reserva agora a túa praza!